espacio radiológico Dental3d nace en Santiago de Compostela no ano 2010 co ánimo de cubrir as necesidades radiolóxicas das clínicas dentais e maxilofaciais.  

Proporcionamos o mellor servizo, tecnoloxía e imaxes e constituímonos como a extensión radiolóxica de cada clínica dental.

As TIC, tecnoloxías da información e a comunicación, forman parte da formulación estratéxica da empresa.

espacio radiológico Dental3d é un lugar de encontro xerador de coñecemento, onde compartir experiencia e información, un punto de encontro onde acceder a casos interesantes.

A nosa visión

Hoxe, nun mundo tan tecnolóxico, é difícil concibir a aproximación a un tratamento intervencionista da cavidade oral sen o apoio das últimas tecnoloxías.

En espacio radiológico Dental3d cremos que a tecnoloxía máis avanzada en imaxe debe estar ao alcance de todas as clínicas e de todos os pacientes.

O noso obxectivo

Proporcionar un servizo especializado de radioloxía dental que apoie, independentemente da localización da clínica, os profesionais do ámbito dental e maxilofacial na abordaxe dos tratamentos, con imaxes de calidade, visores 3D e especialistas en radioloxía.

Traballamos para que as clínicas nos perciban como o seu servizo de radioloxía, como unha extensión da súa propia clínica. Cando o seu paciente estea connosco seguirá a ser o seu paciente na área radiolóxica da súa clínica dental.

Dental 3D concíbese como un espazo onde compartir a experiencia e a información

Un punto de encontro onde acceder e comparar os novos casos ou casos similares.

Innovación en imaxe

As ferramentas de imaxe máis avanzadas

Apoio a clínicas

Acceso en remoto e en tempo real

Radioloxía 3D avanzada

Servizos de radioloxía dental para clínicas

Acceso en liña

Acceso directo a imaxes. Axenda de citas

DIFERÉNCIANOS

Os nosos recursos, tanto humanos como técnicos, dannos a posibilidade de ofrecerlle moito máis:

  • 100%
    Rede de imaxes
    Arquivo de imaxes 2D e 3D na nosa plataforma web.
  • 100%
    Software para diagnóstico e planificación cirúrxica
  • 100%
    Unidad de radioloxía dental
    Especialistas en radioloxía para a túa clínica dental.